Capacitacións Profesionais
O sistema formativo e ocupacional ordénase consonte as capacitacións profesionais, ordenadas no Catálogo Nacional de las Cualificaciones Profesionales (CNCP)
As capacitacións profesionais son o eixo do sistema integrado de formación profesional. A capacitación é o conxunto de competencias profesionais que inflúen no emprego, é dicir, que teñen valor e recoñecemento no mercado de traballo.
O CRN de Atención Social ocúpase das setes capacitacións profesionais do eido da Atención Social, da familia profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade (*Ver táboa)
A capacitación profesional pódese adquirir por distintos medios:
- Certificados de profesionalidade.
- Acreditación pola experiencia laboral ou por vías non formais de formación.
- Títulos de Formación Profesional, ciclos formativos.
Os certificados de profesionalidade son cursos organizados en módulos formativos. Enténdese por módulo formativo (MF) o bloque coherente de formación asociado a cada unha das unidades de competencia que configuran a capacitación. Cada certificado de profesionalidade acredita unha capacitación profesional.
Formación Profesional
Os ciclos de Formación Profesional están organizados en módulos profesionais (MP). En Formación Profesional os cursos organízanse en módulos e non en materias. Cada título inclúe como mínimo unha capacitación profesional completa e compleméntase con outros módulos transversais.
Táboa de correspondencia
ENTRE AS CAPACITACIÓNS, OS CERTIFICADOS E OS CICLOS FORMATIVOS.
Nesta táboa podedes ver a correspondencia entre as capacitacións, os certificados e os ciclos formativos. Cómpre ter en cota que, para acadar o título do ciclo formativo, ademais de todas as capacitacións do ciclo, cómpre cursar algúns módulos que non corresponden con ningunha capacitación ou certificado específico.
Capacitacións Profesionais | Certificados Profesionalidade | Ciclos Formativos |
---|---|---|
SSC089_2 Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. |
SSCS0108 Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. Regulación RD 1379/2008 Modificado polo RD 721/2011 |
Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia. |
SSC320_2 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais. |
SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais. Regulación RD 1379/2008 Modificado polo RD 721/2011 Modificado polo RD 625/2013 |
|
SSC443_2 Xestión de Chamadas de Teleasistencia. |
SSCG0111 Xestión de Chamadas de Teleasistencia. Regulación RD 1697/2011 |
|
SSC323_3 Inserción Laboral de Persoas con Discapacidade. |
SSCG0109 Inserción Laboral de Persoas con Discapacidade. Regulación RD 721/2011 |
Técnico Superior en Integración Social. (Este ciclo ten outras dúas capacitacións) |
SSC324_3 Mediación Comunitaria. |
SSCG0209 Mediación Comunitaria. Regulación RD 721/2011 |
|
SSC447_3 Mediación entre a Persoa Xordocega e a Comunidade. |
SSCG0211 Mediación entre a Persoa Xordocega e a Comunidade. Regulación RD 625/2013 |
Técnico Superior en Mediación Comunicativa. (Este ciclo ten outras catro capacitacións) |
SSC449_3 Promoción, Desenvolvemento e Participación da Comunidade Xorda. |
SSCG0112 Promoción e Participación da Comunidade Xorda. Regulación RD 625/2013 |
CAPACITACIÓNS PROFESIONAIS |
---|
SSC089_2 Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. |
SSC320_2 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais. |
SSC443_2 Xestión de Chamadas de Teleasistencia. |
SSC323_3 Inserción Laboral de Persoas con Discapacidade. |
SSC324_3 Mediación Comunitaria. |
SSC447_3 Mediación entre a Persoa Xordocega e a Comunidade. |
SSC449_3 Promoción, Desenvolvemento e Participación da Comunidade Xorda. |
CERTIFICADOS PROFESIONALIDADE |
---|
SSCS0108 Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. Regulación RD 1379/2008 Modificado polo RD 721/2011 |
SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais. Regulación RD 1379/2008 Modificado polo RD 721/2011 Modificado polo RD 625/2013 |
SSCG0111 Xestión de Chamadas de Teleasistencia. Regulación RD 1697/2011 |
SSCG0109 Inserción Laboral de Persoas con Discapacidade. Regulación RD 721/2011 |
SSCG0209 Mediación Comunitaria. Regulación RD 721/2011 |
SSCG0211 Mediación Comunitaria. Regulación RD 625/2013 |
SSCG0112 Mediación entre a Persoa Xordocega e a Comunidade. Regulación RD 625/2013 |
CICLOS FORMATIVOS |
---|
Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia. |
Técnico Superior en Integración Social. (Este ciclo ten outras dúas capacitacións) |
Técnico Superior en Mediación Comunicativa. (Este ciclo ten outras catro capacitacións) |
IMPORTANTE:
Como podemos ver, o título do CFGM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia inclúe tres títulos completos, que corresponden a tres certificados de profesionalidade (todos eles pertencen á área de Atención Social ). em>
O CFGS para a mediación comunicativa corresponde a catro cualificacións profesionais e catro certificados (dous deles están na área de atención social).
O título do CFGS de integración social corresponde a seis cualificacións profesionais e seis certificados (dous deles están na área de atención social).